Poderiamos dicir que hai receitas para ser un alumno exemplar, e nós temos os pasos a seguir.
Ahí vos vai unha do que de verdade é ser un alumno de primeira:
Ingredientes: Ganas de traballar
Ilusión
Un pouco de sabedoría
Responsabilidade
Preparación: Debemos facer unha fusión dos ingredientes anteriores para obter un perfecto alumno.
Outra posible receita:
Ingredientes: Esforzo
Pasión
Intelixencia
Saber admitir os erros
Tratar ben os profesores
Preparación: Mesturar ben os ingredientes para que quede unha perfecta e rica actitude no alumno resultante.
Como xa dixo Pitágoras ``educa aos nenos para non ter que castigar aos homes´´.
E aínda que estudar resulte amargo a recompensa será dulce.